martes, 4 de febrero de 2014

Monitores LED



Os monitores LED e LCD teñen un funcionamento moi parecido. En concreto, os LEDs son monitores LCD aos cales se lles mellorou un dos seus compoñentes. Segue lendo e descobre como son capaces de mostrar imaxes e vídeos.

O funcionamento é idéntico. Ambos os dous están compostos de varias capas ou láminas. O paso dunha maior ou menor cantidade da luz a través delas será o que de lugar ás diferentes formas e cores.

Capa 1. The backlight.

Empezamos da capa máis afastada de ti á máis próxima. Neste caso referímonos á denominada "backlight", que fai realmente iso, engade unha fonte de luz.

Esta capa é necesaria para mellorar o contraste e a visibilidade das imaxes. É ademais indispensable para poder usar os monitores, en ámbitos con moi pouca luz. As calculadoras, reloxos, antigos teléfonos móbiles que utilizan unha tecnoloxía similar, cristal líquido, pero que non teñen esta capa teñen o problema de visión sen luz. Quen non recorda ter que pulsar un botón para ver a hora nun reloxo.

Necesítase, pois, unha fonte de luz para que mellore isto, no caso dos monitores LCD usamos un halóxeno, no caso dos LED, son díodos LED, os que se encargan desta tarefa. Estes últimos son máis eficientes enerxeticamente, dan máis luz usando menos enerxía, e ocupan menos espazo.

Se só existise esta capa veriamos unha luz branca sempre acendida.

A tecnoloxía utilizada nesta capa é moi importante. Un dos problemas maiores que tiñan os primeiros monitores LCDs é que non eran capaces de mostrar unha cor negra real. Isto cara a, que cando estabas a ver unha película, todos os obxectos escuros tiñan arredor un halo, que cara a que as escenas con pouca luz non se visen de xeito fidedigno.

Isto mellora de xeito notable ao usar LEDs, chegando mesmo nalgúns monitores a dar luz só naquelas porcións da imaxe nas que se necesita. Desta forma mellórase moito a calidade desta imaxe e redúcense os halos e outros efectos indesexables.

Capas 2 e 5. 2 filtros un en cada extremo rotados 90 graos.
Como te comentei, se só existise a primeira capa, veriamos unha luz branca en toda a pantalla. A segunda capa é un filtro polarizado que só deixa pasar a luz polarizada 90 graos, a quinta é outro filtro polarizado rotado de tal maneira que bloquea esa mesma luz.

Un filtro polarizo ideal é capaz de deixar pasar a luz en só unha dirección e neste caso estes son capaces de ademais rotar a luz. Neste caso, se só tivésemos estas 3 capas non verías nada de luz.

É dicir as capas 3 e 4 teñen que ser capaces de polarizar, ou de cambiar esa luz se che resulta máis doada de entender, de tal maneira que a capa 5 non a bloquee totalmente.

Capa 3. A capa de cristal líquido

É unha das máis importantes. O cristal líquido, como podes imaxinar polo seu nome, é un material moi curioso. A súa característica máis importante, é capaz de cambiar as súas propiedades segundo se lle aplique unha determinada voltaxe.

Esta capa encóntrase entre 2 electrodos. Dependendo da carga que poñamos neles seremos capaces de cambiar a orientación das moléculas do cristal, desta forma temos un filtro polarizado controlado por electricidade.

Esta capa polo tanto decide que intensidade de luz pasase a través das seguintes capas.

A tecnoloxía usada para esta capa é moi importante. Dela dependerá a velocidade que ten o monitor ao cambiar de entre cores, moi importante por exemplo para aqueles que utilizan o seu PC para xogar. Tamén dela depende a calidade da cor, é dicir o parecido que é á realidade.
Capa 4. A creación de cor

Ponse unha capa que filtra a cor, é dicir convertemos a luz branca noutra doutra cor. Non é máis, que un cristal pintado.

Para a creación de cores complexas usamos varios, por cada pixel póñense 3 destes subpixeis, un vermello outro verde e outro azul. Ao estar tan pegado o ollo humano non é capaz de distinguilos.

É dicir, a tarxeta gráfica dille ao monitor en tal pixel tes que poñer un 10% de verde, un 20% de vermello e un 10% de azul, por exemplo, e desta forma contrólase perfectamente a cor que se crea. O monitor, é capaz de controlar a intensidade de cada subpixel de xeito independente.

Capa 6. Panel de cristal

O que podes tocar cos dedos e que protexe todo o demais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario